O esforzo admirable de escribir en galego no primeiro terzo do século XX só se afronta cun fondo convencemento do que se fai.
«Ó meu distinto, verdadeiro amigo: inda mais: o meu bon hirmán spritual:
[?] Galiza, este meu amoriño da terra? (estou a esquirbir en ?común?) e da sua fala, santamente doce, namoreira: sutil [?] Esquírbolle n-a miña léngoa nativa, por enterder mais gustoso iste troque [?]
¡Ah, meu bon irmán! Iste meu curazón galego non abrochará xamais en froitos castelans! Penso en galego, inda esquirbindo en cualquer outra léngoa! As miñas conceuciós; a miña y-alma! feitas istán co-ista benedecida terra [?]
Sempre sua verdadeira amiga, que saudao agarimosamente»
Francisca Herrera y Garrido
A Real Academia Galega o 4 de marzo de 1945 comunicoulle oficialmente que fora designada membro numerario para ocupar a cadeira 037, que a convertería na primeira muller chamada a ingresar na devandita institución
